publicidade hoxe

O DOG publica a aprobación definitiva do plan xeral que marcará o desenvolvemento urbanístico de Ribadeo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoRibadeo
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Ribadeo. No caso de Ribadeo, trátase dun planeamento que marcará a ordenación deste concello, cunha superficie de 103,32 km2 e unha poboación de case 10.000 habitantes, durante os próximos 18 anos. Este plan xeral é a ferramenta urbanística que permitirá preservar os valores paisaxísticos, xa que as zonas verdes representan case un 19% máis do que se esixe por lei, ao tempo que potencia as capacidades turísticas.

Ribadeo é un municipio de carácter turístico, entre outros atractivos, pola singularidade da súa paisaxe, polo que o PXOM pretende promover a preservación dos valores culturais e paisaxísticos sen que deixe de ser compatible coa actividade económica.

O planeamento tamén contempla a mellora das comunicacións das áreas urbanas e destas cos municipios veciños. O plan considera unha rede viaria estruturante para este concello, situado no ámbito territorial da dinamización económica que supón a Autovía do Cantábrico.

O documento potencia os espazos libres e as zonas verdes, xa que é un municipio moi deficitario neste eido, de feito, o PXOM destina a estes espazos un 18,75% máis que o que esixe a Lei.

Solo rústico

O solo rústico é un piar fundamental desta planeamento, posto que representa o 92,62% da superficie, motivo polo que a protección dos valores ambientais, paisaxísticos, culturais e produtivos é un punto estratéxico do plan.

O PXOM contempla a necesidade dun Plan Especial para protexer o contorno da Praia das Catedrais –a redactar polo Concello-, para regular o acceso e as zonas para aparcar. Así, resérvase unha zona de aparcadoiro entre o ferrocarril e a estrada de Barreiros á Devesa. Das dúas zonas que actualmente se utilizan de aparcadoiro, a que contempla o PXOM é a que está regulada e urbanizada, a certa distancia da praia.

O plan xeral tamén conserva e pon en valor os asentamentos rurais mediante o recoñecemento de 126 núcleos rurais, todos existentes, e que son segregados do urbano e coa seguinte distribución parroquial: Arante, Cedofeita, Couxela, Covelas, A Devesa, Ove, Piñeira, Ribadeo, Rinlo, Santalla de Vilausende, Vilaframil e Vilaselán.

O PXOM, tendo en conta 2 núcleos urbanos (Rinlo e Ribadeo) cun notable crecemento demográfico, pretende colmatar e densificar os núcleos máis desenvoltos, evitando o crecemento desordenado, e dotar a estas localidades de zonas verdes e equipamento.

No seguinte cadro indícanse os tipos de solo delimitados no planeamento coas súas respectivas superficies.

SOLO
SUPERFICIE (km2)
%
TOTAL CONCELLO
103,32 km2
100,00%
SOLO RÚSTICO
 95,70 km2
92,62%
ORDINARIO
0,13 km2
0,12%
PROTEXIDO
95,57 km2
92,50%
    Forestal
29,98 km2
29,02%
    Espazo Natural
9,55 km2
9,24%
    Agropecuario
25,79 km2
24,96%
    Augas
8,92 km2
8,63%
    Infraestruturas
4,98 km2
4,82%
    Paisaxística
8,97 km2
8,68%
    Costas
5,09 km2
4,93%
    Patrimonio
2,29 km2
2,22%
SOLO DE NÚCLEO RURAL
4,72 km2
2,00%
TRADICIONAL
2,65 km2
2,56%
COMÚN
2,07 km2
2,01%
SOLO URBANIZABLE
0,93 km2
0,90%

DELIMITADO RESIDENCIAL

0,47 km2
0,45%

DELIMITADO INDUSTRIAL

0,37 km2
0,36%
DELIMITADO TERCIARIO
0,09 km2
0,09%
SOLO URBANO
1,97 km2
1,91%
CONSOLIDADO
1,76 km2
1,70%
NON CONSOLIDADO
0,21 km2
0,21%
1 de decembro de 2014 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.