O Concello de Riveira mellora a seguridade viaria no acceso ao complexo da Fieiteira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira informa de que hoxe deu comezo deu inicio unha pequena actuación destinada a mellorar a seguridade dos peóns no acceso ao Complexo Polideportivo da Fieiteira.

Neste senso, operarios contratados polo Concello pertencentes á empresa Jenaro Construcciones están procedendo a construción de 60 metros liñais de beirarrúas na vía superior de acceso dende a estrada que pasa pola Mámoa en dirección ao recinto polideportivo. Trátase dun tramo cunha pendente moi elevado ao que se equipará tamén cun pasamán metálico de semellante lonxitude.

Mentres duren as obras resulta necesario restrinxir o acceso rodado na zona da actuación, razón pola cal os condutores deberán acceder ao complexo dende a vía situada uns poucos metros máis abaixo.

1 de decembro de 2014 | 13:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.