O Concello de Riveira celebra cunha xornada formativa o día mundial do voluntariado
Hoxe venres celébrase o Día Internacional do Voluntariado e, con tal motivo, o Concello de Riveira celebrarán o Centro Cultural Lustres Rivas unha xornada de formación para persoas adheridas ao programa municipal de voluntariado.
Trátase dunha experiencia de grupo na que se amosará en que consiste a relación de axuda ea s ferramentas que a compoñen.
A xornada terá lugar de 16 a 19 horas e está prevista a presenza da concelleira de Servizos Sociais, Maricarmen Vizcaya.











