Máis de medio cento de actividades sucederanse en Riveira durante o Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Departamentos Municipais de Educación, Servizos Sociais e Cultura do Concello de Riveira aliáronse para organizar a programación de Nadal máis solidaria que se recordan nas últimas edicións. Foron precisamente as edís destas áreas –Elvira Pisos, de Cultura; e Maricarmen Vizcaya, de Educación e Servizos Sociais- as encargadas de desgranar os máis de medio cento de actos e eventos que forman parte do calendario navideño, que comezará mañá mesmo coa apertura ás 20 horas na praza de España dunha pista de xeo: un acto de portas no que todos os interesados poderán probar gratuitamente a instalación.

Abriu a presentación de hoxe Maricarmen Vizcaya, quen salientou que é obxectivo do Concello que ningún neno se quede sen Nadal e, con tal motivo, destinouse unha partida orzamentaria de 5.000 euros a que uns 120 nenos pertencentes a familias implicadas en programas de apoio social reciban distintos agasallos propios desta época, como xoguetes educativos, ademais de reservar un 10% de prazas en todos os obradoiros e espectáculos dirixidos á poboación infantil co obxectivo de fortalecer a súa presenza neste tipo de actividades.

Entre as novidades deste ano, Elvira Pisos salientou a instalación dun poboado navideño na praza de España do 20 de decembro ao 4 de xaneiro que albergará diferentes actividades (manualidades, contacontos, dinamización musical…) e unha carpa itinerante que visitará todas as parroquias, con inchables, multiobradoiros, xogos cooperativos, repostería creativa ou a chegada do Carteiro Real. Pisos tamén fixo fincapé nun taller solidario de fotografía promovido por Emovere Studios no que a forma de participar consistirá na doazón de 5 kilos en alimentos (día 14 no Auditorio).

9 de decembro de 2014 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.