publicidade hoxe

Familiares do acusado do dobre crime de Abadiño lémbrano como “boa persoa e campechano”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCualedro
A-
A+
Europa Press

Familiares galegos do acusado do dobre crime de Abadiño (Biscaia), Benito Quintairos, natural de Cualedro (Ourense), defíneno como “home modelo, boa persoa e campechano”.

Así o manifestou este xoves, o alcalde de Cualedro, Luciano Rivero, tras falar con familiares do detido pola morte da súa esposa e a súa sogra en Euskadi.

O rexedor, que precisou que non coñece persoalmente ao detido polo dobre homicidio, lembrou que o home se foi con 16 anos ao País Vasco e “adoitaba acudir ao pobo en períodos vacacionais”, especialmente no verán.

Familiares e veciños descríbeno como “un home moi conversador” ao que lle encantaba xogar ao fútbol e estar cos amigos”, segundo precisou o alcalde, que engadiu que están todos “consternados” e non se mentalizan de que puidese facer iso”.

O arrestado polo dobre crime, natural da parroquia de Atás, en Cualedro, ten unha tía na localidade e curmáns no municipio próximo de Verín (Ourense).

MINUTOS DE SILENCIO

Pola súa banda, o alcalde de Cualedro, de onde é natural o acusado, condena o sucedido e expresa a súa “repulsa a todo tipo de violencia de xénero”.

Por iso, este xoves ás 12,00 horas realizarán unha parada para gardar cinco minutos de silencio fronte á Casa Consistorial para condenar o crime.

Ademais, o Concello ten previsto no próximo pleno ordinario, en xaneiro, aprobar un acordo “de repulsa a todo tipo de violencia de xénero”, segundo concluíu o rexedor, que espera que a súa localidade non volva ser noticia por un tema deste tipo.

11 de decembro de 2014 | 11:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.