Corte na subministración eléctrica en Budiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+

O Concello do Porriño informa dun corte na subministración eléctrica que se producirá este sábado, 6 de decembro, no barrio de San Salvador, na parroquia de Budiño. O corte será efectivo entre as 08.30 e as 11.30 horas e xustifícase na realización de obras de mellora, mantemento e posta en servizo en liñas de media tensión, segundo informa a empresa responsable Electra Alto Miño, SA.

A entidade pide anticipadamente “desculpas a todos os veciños polas molestias ocasionadas” e recomendan “proceder ao corte do interruptor xeral da instalación, para desconectar todas as instalacións interiores durante o tempo que dure a falta programada de subministración”, como medida máis eficaz para a protección dos receptores eléctricos particulares.

4 de decembro de 2014 | 18:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.