Ceamsa colabora con SOS Porriño doando 60 lotes de produtos de Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+
Entrega da doazón

Entrega da doazón

O alcalde de Porriño, Nelson Santos desprazouse esta mañá á empresa CEAMSA (Compañía Española de Algas Mariñas S.A.) situada no polígono das Gándaras para recibir unha doazón de alimentos destinados ao programa municipal de alimentos SOS Porriño. O rexedor, acompañado pola concelleira de Benestar Social, Teresa Veloso, e Benito García, presidente de SOS Porriño, foi recibido polo fundador de CEAMSA, Ignacio Alzueta; e Jorge Trigo, responsable da empresa, a quen o rexedor agradeceu “enormemente este xesto solidario coas familias porriñesas máis necesitadas, e que adquire máis valor, se cabe, en datas tan sinaladas como estas. Con xestos solidarios como este contribuímos a que estas familias pasen un pouco mellor o nadal”.

Son un total de 60 lotes que inclúen produtos típicos do Nadal (turrón, mantecados, uvas,…) e que desde SOS Porriño distribuiranse os próximos días ás familias máis necesitadas do noso municipio. “Queremos axudar e colaborar co programa municipal de alimentos, contribuíndo a que non falte na mesa de ningún fogar os produtos que todos temos por estas datas”, sinalaba Izgacio Alzueta. O alcalde recoñeceu unha vez máis esta actuación solidaria con Porriño e os porriñeses á vez que lles felicitou polo éxito da compañía.

CEAMSA produce e fornece unha completa gama de carrageninas e pectinas de alta calidade á industria alimenticia no seu conxunto. Fundada en 1967, foi a primeira empresa en instalarse no Polígono das Gándaras e co transcurso dos anos esta empresa situouse á fronte da industria en canto a creatividade e desenvolvimiento técnico, contando cunha planta piloto cárnica amplamente equipada e laboratorios para aplicacións en leite e auga. A día de hoxe, desde a súa planta de Porriño CEAMSA comercializa os seus produtos por todo o mundo sendo a empresa líder no seu sector.

16 de decembro de 2014 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.