Apertura do prazo de inscrición para participar en Manzaneda na campaña de esquí da Deputación da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

A Deputación da Coruña pon en marcha un ano máis a campaña invernal de esquí para os rapaces e rapazas dos 93 municipios da provincia.

O prazo para inscribirse xa está aberto e a data límite será o 19 de decembro a través dos concellos. Poden participar persoas nadas nos anos 2001, 2002, 2003, 2004 e 2005.

A campaña consiste nunha viaxe a Manzaneda, a estancia de fin de semana na estación de esquí e os cursiños con monitores para que a xuventude teña un primeiro contacto con este deporte. Ademais, tamén se inclúen o aluguer de material, os remontes mecánicos e os seguros.

Os participantes sairán de distintos puntos segundo o municipio do que procedan e volverán o domingo ao finalizar o curso da tarde.

16 prazas

As prazas que lle corresponderon o Concello de Riveira son 16. Os interesados poden anotarse no Rexistro Xeral do Concello.No suposto de ter mais solicitudes que prazas realizarase un sorteo público, o día 23 de decembro as 13.00 horas, na oficina municipal de deportes, sita no Complexo Deportivo A Fieiteira

Or rapaces actividade deberán aboar por participar nesta a cantidade de 60 euros. As clases, manutención e transporte están incluídos nesta oferta.

As quenda que lle corresponde o Concello de Riveira e do 27 de febreiro ao 1 de marzo de 2014.

2 de decembro de 2014 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.