publicidade hoxe

A Xunta inviste preto de 20.000 euros na renovación da iluminación pública en Sada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaSada
A-
A+
Belén do Campo en Sada

Belén do Campo en Sada

A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, visitou esta mañá o concello de Sada para supervisar o resultado do proxecto subvencionado pola Consellería de Economía e Industria para a renovación da iluminación públicoa en varias zonas do municipio. O proxecto supón un investimento total de 22.501 euros, dos que o departamento autonómico aporta 19.125 euros.

Do Campo, acompañada polo alcalde, Ernesto Anido, sinalou que o proxecto de mellora da iluminación pública exterior acometeuse nas rúa Tejeras, do núcleo urbano, e nos lugares de Samoedo e Tarabelo, onde se substituíron 89 puntos de luz por outros equipos de maior eficiencia, o que suporá unha rebaixa do gasto enerxético, así como unha diminución da contaminación.

Segundo explicou a delegada territorial, estes traballos permitirán reducir o consumo en máis de 110.000 kWh/ano e, en consecuencia, a factura eléctrica do concello de Sada en preto de 12.000 euros ao ano. As emisións de dióxido de carbono tamén descenderán en 73 toneladas nun período de 12 meses.

“A través desta actuación contribuímos ao aforro enerxético do concello nunha das súas partidas máis destacables, tendo en conta que a iluminación pública supón, de media, case o 70% do consumo eléctrico dun municipio”, explicou a representante do Goberno galego na provincia. Deste xeito, resaltou, “a Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia, mostra unha especial sensibilidade cos municipios por ser a Administración local a máis achegada aos cidadáns”, tendo as medidas adoptadas un maior grao de visibilidade e repercusión pública.

Neste senso, Do Campo sinalou tamén que a liña promoveu, unha vez máis, os proxectos colaborativos entre un ou máis concellos, como no caso de Sada, que concurriu a esta convocatoria agrupada con Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral e Oleiros polo que veu incrementada a contía da axuda ata o 85%, fomentándose así a cooperación institucional e diminuíndo os custos de execución.

16 de decembro de 2014 | 16:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.