A marcha solidaria a prol da igualdade de xénero percorreu as rúas de Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

Máis de medio cento de veciños participaron esta mañá munha marcha solidaria en contra da violencia de xénero.

A iniciativa estivo organizada polo Centro de Información á Muller (CIM) coa colaboración do Deportes.

Antes de dar a inicio ao percorrido, os participantes pousaron na praza de España diante dunha pancarta co lema “Riveira contra a violencia de xénero”.

A continuación, enfundados nunhas camisetas coa característica cor violeta que simboliza a loita a prol da igualdade sexista, os participantes realizaron un percorrido que descorreu pola rúa Galicia, rotonda de Padín, García Bayón, praza da Concordia avenida do Malecón, rúa Galicia na súa zona peonil e praza de España.

Entre os asistentes figuraban os concelleiros de Igualdade e de Deportes, Aroa Fernández e Juan Luis Martínez.

1 de decembro de 2014 | 12:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.