publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Biblioteca de Pazos de Borbén acolle unha sesión de monicreques e contacontos infantís

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+

A Biblioteca Municipal de Pazos de Borbén organiza mañá mércores, a partir das 13:00horas, unha nova sesión de contacontos infantís. A actividade está encadrada dentro do Plan Cultural da Deputación de Pontevedra e terá lugar na Sala de Lectura da biblioteca.

Destinada a nenos a partir de 7 anos, a función “Misterio de Nadal” recrea unha nova aventura da detective Peregrina, e o seu can Magnun, na que os pequenos irán desvelando os misterios que esconde o nadal a través dunha serie de contos e debuxos que lles proporcionarán as pistas necesarias. A representación ten unha duración aproximada dunha hora e a entrada é totalmente gratuíta tanto para os pequenos como para as súas familias.

O Plan Cultural da Deputación de Pontevedra está concibido como unha forma de achegar aos máis pequenos á biblioteca coa intención de convertela nun lugar de encontro e de contacto coas primeiras lecturas infantís. Cos contos como atracción principal, o obxectivo é fomentar a narración de historias como paso previo á lectura.

16 de decembro de 2014 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.