Uns 300 rapaces asistirán á proxección do documental “O que hai que facer para non ir ao mar”
Un total de 270 rapaces de distintos centros educativos de secundaria do municipio participarán mañá no Auditorio na proxección do documental “O que hai que facer para non ir ao mar”, unha revisión da historia do teatro en Galicia na segunda metade do século XX.
A cita, que se enmarca dentro da programación da Mostra de Teatro, terá lugar ás 11 horas e ao igual que xa aconteceu o pasado sábado contará coa presenza do director do filme, Iago Vázquez, quen atenderá ás preguntas dos asistentes ao final da emisión.
Os centros participantes son os IES Número 1, Leliadoura, Sagrado Corazón de Castiñeiras e Bayón, ademais de usuarios da asociación Ambar.











