Unha obra e un documental integran a oferta cultural da mostra de teatro de Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Auditorio Municipal de Riveira vai albergar esta fin de semana unha dobre proposta dentro da Mostra de Teatro.

Así, mañá venres ás 21.30 horas, a compañía Malasombra representará “Misión Sapiens”: un espectáculo en que en menos de dúas horas cinco grandes eruditos de diversos campos tentarán , na cabeza dos espectadores, coñecementos básicos de cultura xeral, comportamento e educación, música, libros, películas, deportes, ou mesmo viaxes… quéirase ou non…, polas boas ou polas malas.

E o sábado 15 ás 21.30 horas terá lugar a estrea do documental “O que hai que facer para non ir ao mar. Unha viaxe a través do teatro galego”. Uxía e o seu irmán Iago Vázquez presentan neste proxecto unha homenaxe ao teatro galego e aos seus pais Mariajo Mosteiro e o riveirense Tuto Vázquez, o primeiro Padre Casares, actores xa falecidos. Unha viaxe histórica e emocional a través dos compañeiros de profesión dos seus proxenitores, para explorar a historia do teatro galego daquela época, o da segunda metade do século XX.

Charla coloquio

Ao rematar a proxección desenvolverase unha charla-coloquio co director do filme, Iago Vázquez Mosteiro.

Ambas funcións serán libres e gratuítas.

13 de novembro de 2014 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.