Un proxecto do CIM de Riveira educa a estudantes de ESO na prevención de situacións discriminatorias nas redes sociais
O Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Riveira deu comezo esta mesma semana a un novo proxecto denominado Enredados, que nace para facer reflexionar acerca das redes sociais e as novas formas de relación entre os rapaces e rapazas.
Dirixido ao alumnado de 3º e 4º de ESO de todos os centros de secundaria do municipio, Enredados está cofinanciado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.
O obxectivo dos obradoiros que integran esta iniciativa é o de concienciar e previr certas condutas, moi vinculadas a situacións discriminatorias, como o sexismo e á violencia, outorgando tanto aos menores como aos seus pais e nais habilidades para un bo uso das redes sociais.
Neste último senso, a actividade rematará cunha sesión dirixida especialmente pais e nais na que se pretende axudalos a comprender o novo espazo virtual no que se moven os seus fillos e fillas, así como aprenderlles a orientalos para que se relacionen de forma apropiada nas redes sociais e se protexan de conductas indexesables.
Guía de axuda
A sesión para país e nais terá lugar o vindeiro día 13 de novembro no Centro Cultural Lustres Rivas, ás 19.30 horas. Quen acuda recibirá unha guía de axuda sobre estes contidos.











