San Benito apraza a súa undécima “Noite do Calacú”
A Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián, en colaboración co Concello de Porriño, vén desenvolvendo nestas datas a súa xa tradicional “Noite do Calacú”, unha celebración empapada do arraigado Samaín, na que se inclúen distintas actividades para todos os públicos.
Aínda que inicialmente estaba previsto que se celebrase o vindeiro sábado 15 de novembro, as predicións meteorolóxicas para este fin de semana obrigaron á organización a aprazar esta festa veciñal.
Aínda que polo momento non contan cunha data en concreto, desde a asociación queren informar de que se celebraráa a maior brevidade posible mantendo o mesmo programa, que inclúe o Taller do Calacú, no que os máis pequenos poderán decorar a súa propia cabaza; o tradicional desfile do Gran Calacú, que percorre as rúas do barrio e o gran agosto con castañas e bebidas variadas para todos; todo iso amenizado pola charanga “Rouba Bicos”, de Vilagarcía de Arousa.
Cabe destacar dentro da súa programación, o acto de nomeamento da “Dama e Cabaleiro do Calacú2014”, honra concedida este ano a Felisa García Machado e Jesús González Pexegueiro, coñecido por todos como Suso Carrola.











