Riveira recibe a doce baleares participantes dun proxecto de colaboración escolar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Recepción de baleares no Salón de Plenos de Riveira

Recepción de baleares no Salón de Plenos de Riveira

Dende o pasado xoves, un total de doce membros procedentes de distintos centros educativos de Baleares están a permanecer en Riveira con motivo dun proxecto de colaboración intercomunitaria entre esta comunidade isleña e o municipio riveirense.

Neste senso, dende a súa chegada tiveron ocasión de participar en diversas accións formativas e outras iniciativas desenvolvidas en lugares como o Centro Integrado de Formación Proesional, a UAD, o Centro Cultural Lustres Rivas ou o periurbano de San Roque.

Un dos últimos actos do programa tivo lugar esta mañá no Consistorio local coa recepción dispensada no salón de plenos pola primeira tenente de alcalde, Dolores Elorduy. Ademais dos doce baleares (representados na mesa presidencial por Vicenç Rul-Lan e Asunción Gallardo), tamén estiveron presentes resposables dos centros educativos riveirenses, entre eles Olegario Sampedro e Ana Álvarez.

A acción está organizada polo IMER (Instituto de Mediación Educativa de Riveira) coa colaboración do Concello.

29 de novembro de 2014 | 16:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.