Riveira albergará un curso de informática para mellorar as capacidades de emprendemento das mulleres

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

No marco da rede Emprende en Igualdade, a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta está a levar a cabo por segundo ano consecutivo unhas xornadas formativas gratuítas para mellorar, mediante o uso das novas tecnoloxías, as capacidades de emprendemento e busca de emprego feminino.

Os cursos serán impartidos na Aula CeMIT de Riveira a partir do luns 1 de decembro polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia  (CPEIG) coa seguinte temática:

a)   Iniciación a Internet e Redes sociais

b)   Novas tecnoloxías e emprendemento

c)   Novas tecnoloxías e búsqueda de emprego

d)   Redes e transposición de experiencias

e)   Perspectiva de xénero

Datas: 1, 3, 4, 9 e 10 de decembro de 2014
Lugar: Aula CeMIT do Concello de Riveira
Horario: 17.00 a 21.00 horas
Nº máximo de participantes: 20-25

As mulleres interesadas deberán inscribirse ata o luns no Centro de Información á Muller de Riveira. Tf. 981874131-981873409, ou a través de correo electrónico cim@riveira.com, enviando os seguintes datos: nome, apellidos, enderezo, teléfono,  idade, situación laboral, correo electrónico.

27 de novembro de 2014 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.