publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Pazos de Borbén destina 7.500 euros en axudas de emerxencia social

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+

A Concellaría de Servizos Sociais do Concello de Pazos de Borbén acaba de abrir o prazo de solicitude para o seu paquete de axudas a persoas e familias en situación de emerxencia. O programa ten como obxectivo paliar as necesidades alimentarias daqueles veciños que se atopen en situación de exclusión social,ou con risco de estalo, durante este Nadal. En total destinaranse 7.500 euros para aliviar a situación de necesidade destes veciños, dando prioridade a aquelas familias que conten con menores ao seu cargo.

O prazo para solicitar este paquete de axudas termina o próximo 12 de decembro e para acceder a el é necesario presentar certa documentación. Ademais do DNI, o libro de familia e o certificado de empadroamento será necesario acreditar a situación económica e laboral dos membros da unidade familiar mediante documentos oficiais co fin de poder asignar os recursos da axuda ás persoas e familias que máis o necesiten. A contía da axuda concedida dependerá do número de membros, as características e a cantidade de menores ao cargo da unidade familiar.

Os interesados en solicitar a axuda deberán presentar o formulario e a documentación requirida nas oficinas dos Servizos Sociais do Concello de Pazos de Borbén, os luns, mércores e xoves en horario de 09:00 a 14:00 horas.

18 de novembro de 2014 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.