publicidade hoxe

Pazos de Borbén celebra o seu festival de corais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+

A Coral Polifónica da Asociación de Pensionistas de Pazos de Borbén, en colaboración co Concello de Pazos de Borbén e a Deputación de Pontevedra, organiza ete domingo un Festival de Corais. O concerto será totalmente gratuíto e terá lugar a partir das 17:30 horas na Casa do Concello de Pazos de Borbén.

O evento ten o propósito de estimular a práctica da música sinfónico coral e xerar un espazo de encontro entre persoas que valoran o crecemento cultural e humano a través da música. O festival contará coa participación, ademais da Coral Polifónica da Asociación de Pensionistas de Pazos de Borbén en calidade de anfitrioa, da Coral Alvedosa de Redondela baixo a dirección de Jesús Martínez, a Coral Voces Amigas de Moraña dirixida por Sofía Taboada e a Coral Polifónica de San Esteban con Sheila Calvar como directora.

Cunha duración prevista de dúas horas, cada grupo coral interpretará catro pezas musicais ata completar un repertorio cheo de obras clásicas da tradición popular galega como “No prado”,”Fisterra”,”Morriña” ou “Cantiga de Marín”, entre moitas outras.

7 de novembro de 2014 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.