Osílice organiza unha conferencia no Porriño sobre silicose e epoc

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+

A Asociación de Afectados pola Enfermidade da Silicose “Osílice”, coa colaboración do Concello do Porriño, celebrará mañá xoves, 27 de novembro, unha sesión informativa sobre esta enfermidade, incurable e irreversible pero si evitable. Na charla, que se celebrará  no auditorio do Centro Cultural Municipal ás 19.30 horas, participarán como relatores tres profesionais na materia: o director médico do ISSGA (Rande), Dr. Manuel Gil; o Dr José Jesús Branco, médico especialista en neumoloxía do CHUVI e Carmen Boente, DUE do Centro de Saúde do Porriño, os cales nos transmitirán os seus coñecementos sobre Silicoses e EPOC, e como se deben administrar correctamente os diferentes inhaladores para que sexan efectivos.

Desde Osícile fan un chamamento a todas as persoas ás que afecte esta doenza ou estea en risco diso a que acuda a esta interesante charla na que ademais das causas e consecuencias da propia enfermidade, exporanse cuestións relacionadas coa prevención.

26 de novembro de 2014 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.