Os inscritos no Fórmula Rallye 2014 competirán pola mañá para clasificarse para as finais e conseguir 5 premios que suman 2.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaSilleda
A-
A+

O Fórmula Rallye 2014, o cal terá lugar o sábado 13 de decembro no recinto Feira Internacional de Galicia, celebrará ao longo da mañá o “Gran Premio FIG”, unha carreira na cal competirán todos os pilotos inscritos para clasificarse para as finais da tarde e que tamén contará con premios en metálico.

Os seis primeiros clasificados do “Gran Premio FIG” serán os que pasen ás mangas finais do Fórmula Rallye, nas cales competirán co resto de pilotos invitados. En canto aos premios en metálico, repartiranse 2.000€ entre os cinco primeiros, sendo 600€ para o gañador e 500€, 400€, 300€ e 200€ para os catro seguintes.

Entre os inscritos para participar nesta proba inclúense xa destacados nomes desta disciplina automobilística, como Alexis Viéitez, piloto revelación 2014 do Campionato Galego de Montaña; Vicente Viéitez, piloto que participarán a bordo dun Legend Car; e Tino Iglesias, vencedor do último rallye do Campionato Galego 2014 e da Copa Top Ten Pirelli.

O “Gran Premio FIG” discorrerá polo mesmo circuíto que as finais do Fórmula Rallye, o ca será de gran vistosidade ao contar con máis de 30.000 metros cadrados dos que 10.000 serán dentro do pavillón 1 do recinto e os restantes no exterior.

Os interesados en participar poden inscribirse a través da web do evento, www.formularallye.com. As prazas están limitadas a 40.

Máis campións confirmados para as finais

Se o fórmula Rallye tiña xa conformado para as súas finais a participación dos recoñecidos pilotos internacionais Gilles Panizzi e François Delecour, e ao recente campión de España de Rallyes de Terra, Amador Vidal, agora súmanse a eles outros dous participantes de prestixio.

Un deles é Iván Ares, Campión Galego de Rallyes, que competirá nesta proba co seu Porsche 911 GT3, e o outro é Alberto Otero, campión da Challenge Renault Twingo R2 de Rallyes en 2013 que participará co seu Mitsubishi Lancer EVO XR4, coche gañador do Galego de Rallyes en 2013.

28 de novembro de 2014 | 13:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.