O servizo de recollida a domicilio de papel e cartón en Silleda aprázase ata o luns
O Concello de Silleda informa aos establecementos usuarios do servizo de recollida de papel e cartón nas localidades de Silleda e da Bandeira que a recollida desta semana se aplaza ata o vindeiro luns día 1.
O servizo, que ata agora se viña efectuando todos os venres, pasará a realizalo unha nova empresa. Dende o departamento municipal de Medio Ambiente agárdase que en breve se poida establecer un calendario estable, logo destes cambios alleos ao Concello de Silleda.
No caso dos establecementos que teñan unha cantidade considerable de cartón-papel acumulado, teñen sempre a doble opción de achegar os residuos ao Punto Limpo (aberto mércores e sábados de 09.00 a 14.00 horas) ou ben deposítalo nos colectores azuis.











