O Fórmula Rallye 2014 establece 24 puntos de venta de entradas en Galicia, Asturias, León e tamén online

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSilleda
A-
A+

O Fórmula Rallye 2014, o cal se celebrará o día 13 de decembro no recinto Feira Internacional de Galicia, estableceu 24 puntos de venta para adquirir de forma anticipada as entradas para acudir a este evento automobilístico, as cales teñen en preventa un prezo de 12€.

Un destes puntos de venta é online, a través da web de Abanca (entradas.abanca.com), e estará operativo a partir da semana que vén. Os 23 restantes, nos cales xa se poden adquirir as entradas, están habilitados en establecementos das catro provincias galegas, de Asturias e de Léon.

Na provincia de A Coruña poden comprarse en Rallycar, no Polígono de Bergondo; en Lume e Ferro, en Carral; na cervexería Andrucho, en Noia; na cervexería Galeón, en Santiago de Compostela; na librería O Areal, en Coruña; en Motor Melide, no parque empresaria de Melide; e na cafetería H2O, en Padrón.

En Lugo os puntos de venta físicos sitúanse en Autos E.I.C, no polígono da Campiña de Lugo; na cafetería Dpont, en Sarria; en Recambios Roicar, no parque empresarial de Monterroso; e no bar Xeira, de Meira. En canto á provincia ourensá, poden adquirirse nas cafeterías Joma e Asgalla, ambas situadas en Ourense cidade.

En Pontevedra os puntos de venta son o Bodegón Trujillo, en Silleda; a cervexería O Picoteo e a cafetería Xandú, en Lalín; a cafetería Invictus, de A Estrada; Recambios Mourente, en Caldas de Reis; Integral Motorsport, no polígono industrial do Campiño en Pontevedra; e Racing Sport, en Vigo.

En canto a Asturias, as entradas véndense no concello de Valdés, en Trevias Motor, e en Oviedo, en Infomotor; mentres que en León o punto de venta está en Ponferrada, en Recambios del Primer Equipo.

Aquelas persoas que queiran acudir a este evento tamén poderán adquirir as entradas en taquilla o mesmo día da súa celebración, cun prezo de 15€.

Un gran espectáculo

O Fórmula Rallye 2014 será unha proba con gran atractivo para os afeccionados ao mundo do motor. O palmarés e rivalidade dos dous pilotos internacionais confirmados, Gilles Panizzi e François Delecour, e a espectacularidade e rapidez do Campión de España de Rallyes de Terra, Amador Vidal, quen tamén participará no evento, aseguran o interese dunha cita na que a organización segue a traballar para contar tamén co Campión Galego de Rallyes, o de España de Rallyes de Asfalto e con algún rexional de Comunidades limítrofes.

Así mesmo, o espectáculo está garantido cun circuíto no que nas dúas mangas finais correrán dous participantes á vez e que contará con máis de 30.000 metros cadrados, dos cales 10.000 serán dentro do pavillón 1 do recinto e os restantes no exterior do mesmo.

Os pilotos interesados en participar no Fórmula Rallye 2014 poden inscribirse a través da web do evento, www.formularallye.com.

22 de novembro de 2014 | 20:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.