O Concello de Silleda realizou a limpeza dos bombeos das dúas estacións depuradoras
O Concello de Silleda vén de realizar a limpeza dos bombeos correspondentes ás duas Estacións Depuradoras de Augas Residuais (EDAR) do municipio.
Os traballos foron acometidos por personal municipal, xa que o Concello asume agora a xestión de ámbalas dúas instalacións de Silleda e da Bandeira.
Así, procedeuse á limpeza do bombeo de cabeceira da EDAR da Bandeira, situado no lugar de A Casela, e que nunca ata agora se limpara, e do bombeo situado en Chapa.
No caso da EDAR de Silleda, que ata hai pouco estaba xestionada pola emprsa Espina y Delfín, tamén se acometeu a limpeza dos bombeos situados en Toiriz e na avenida da Estación.
As tarefas, realizadas durante varias xornadas, precisaron do apoio de unha cuba dotada con 15.000 litros de auga.
“Con estes traballos elimináronse residuos e conseguimos reducir o desgaste dos bombeos asociados ás dúas depuradoras, mellorando o seu funcionamento”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.
No caso da Bandeira, o Concello está a xestionar de xeito telemático dende a súa entrada en funcionamento a depuradora. A de Silleda, dende a súa inauguración en 2003 viña sendo xestionada pola citada empresa concesionaria.
O Concello é agora o encargado de xestionar as dúas instalacións “con un tremendo esforzo no tocante a personal, xa que implican atención os 365 días do ano”, engade o alcalde.











