O Closing Tour 2014 establece 20 puntos de venda de entradas anticipadas para acudir a este festival de orquestras
A Feira Internacional de Galicia celebrará o domingo 7 de decembro (véspera de festivo) a terceira edición do seu festival de orquestras, o Closing Tour 2014, o cal reunirá no pavillón 1 do recinto feiral a tres das mellores formacións do panorama musical, como son París de Noia, Charleston Big Band e El Combo Dominicano.
Para facilitar a compra de entradas de forma anticipada aos interesados en acudir a este evento, a organización estableceu 20 puntos de venta. Deles, un é online, accedendo directamente á web de Abanca (entradas.abanca.com, apartado festivales) ou chegando a ela a través da páxina do Closing Tour. Os restantes son establecementos físicos, estando neste listado, en Silleda, as oficinas da Fundación Semana Verde de Galicia, a Central Agropecuaria de Galicia (os martes), o restaurante A Culler, o salón de té Lecer, a cervexería O Refuxio e Tiendas Bernabé. En Lalín os punto de venta están habilitados no Lalín Arena, a panadería Bouzada e Tiendas Bernabé; en Bandeira na cervexería O Refuxio, en Lamela na parrillada O Gaucho, en Merza no restaurante O Refuxio, en Forcarei no supermercado Aliprox, en Sigüeiro no bar Sigüeiro, en Teo na parrillada A Granxa, en Vila de Cruces en Disco-Cactus e en Tiendas Bernabé e en A Estrada tamén en Tiendas Bernabé e na Cafetería Invictus.
Todos eles venden xa as entradas, a excepción do establecemento de Sigüeiro, que o fará a partir do martes.
O prezo da entrada anticipada é de 5€ en puntos de venta físicos e de 5€ máis gastos de xestión na web de Abanca. En taquilla, onde se poderán adquirir o mesmo día do evento sen ningún problema, dada a amplitude do aforo do pavillón, o custe será de 7€.











