Máis de 230 maiores comezan esta semana os obradoiros de estimulación da mente de Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

Os Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Riveira levarán a cabo dende esta semana unha nova edición dos Obradoiros de Estimulación da Mente, máis popularmente coñecidos como obradoiros da memoria.

Hoxe luns deron comezo as clases, que terán continuidade ata o 12 de xuño do 2015. Na presente edición participarán máis de 230 persoas das nove parroquias do municipio.

A psicóloga Cristina Rodríguez Sampedro é a profesional que coordinará e dinamizará a actividade.

Este ano, dado o alcance e demanda da actividade, e para facilitar a participación dos veciños e veciñas, as sesións desenvolveranse nas distintas parroquias; así tanto Riveira (con 6 grupos), como Aguiño, Palmeira, Carreira, Oleiros, Olveira, Artes, Corrubedo e Castiñeiras contarán con sesións específicas.

17 de novembro de 2014 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.