publicidade hoxe

Curso de incendios urbanos e forestais para membros de protección civil no Porriño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMosO PorriñoPonteareasRedondelaTomiño
A-
A+
Curso de incendios no Porriño

Curso de incendios no Porriño

Durante os tres últimos fins de semana, o noso municipio acolleu un curso de “Incendios Urbanos e Forestais” dirixido a integrantes de Protección Civil, ao que asistiron un total de 27 voluntarios.

Este curso, ten como obxectivo ampliar e reafirmar os coñecementos dos integrantes dos equipos de Protección Civil, en materia de control e extinción de lumes producidos tanto en mobiliario urbano como nos que afectan as zonas forestais.

A actividade formativa, subvencionada pola Xunta de Galicia, foi desenvolvido entre o Multicentro de Torneiros –a área teórica- e o Velódromo Municipal –a área práctica- impulsado e coordinado polo Concello de Porriño e Protección Civil do noso municipio.

Os participantes, dos municipios de Mos, Ponteareas, Porriño, Redondela e Tomiño, valoraron moi positivamente este curso no que se desenvolveron conceptos xerais como a natureza dos lumes, a súa clasificación, características dos combustibles ou as causas frecuentes dos incendios.

Un instrutor de bombeiros da academia da Estrada, foi o encargado de impartir este curso no que tamén se trataron os métodos de extinción, o lume de vexetación ou os factores de propagación; sen esquecernos da seguridade nas extincións. Tras as clases teóricas, o pasado sábado realizaron prácticas cos distintos medios de extinción no Velódromo Municipal; o curso complementouse cunha área de primeiros auxilios, ao que dedicaron a mañá do domingo.

24 de novembro de 2014 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.