Comezan as obras de pavimentación na contorna de cruceiro dos Remedios
Este luns dará comezo unha nova obra en Riveira, consistente na pavimentación da contorna do Cruceiro dos Remedios, situada en Deán Pequeno: unha actuación que vai ser executada por Serdeco Contratas e comporta un investimento de 54.709 euros.
Con motivo da realización dos traballos, advírtese de que será necesario realizar cortes provisionais ao tráfico rodado na zona de actuación, se ben en todo momento se permitirá o acceso e saída dos residentes.











