Cira comeza unha nova edición da súa Semana Cultural o vindeiro xoves 27

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

A parroquia silledense de Cira inicia o vindeiro xoves día 27 a súa Semana Cultural. O ciclo, que cumpre 37 anos, ábrese nesa mesma xornada, co espectáculo de humor ‘Bivalvos como galegos’, ás 20.30 horas, a cargo da compañía ‘Os 7 magníficos máis un’, participantes no programa Luar, que presentarán esta proposta onde o humor e a retranca dos galegos son os protagonistas.

O venres día 28, ás 21.00 horas a cita será co humorista Avelino González, que chega a cira con seu monólogo e inxenio. Trástase dun actor e colaborador en programas de televisión (Padre Casares, Comando zapping, Mareas Vivas, Pratos combinados, As leis de Celavella…).

Xa por último o sábado 29 terá lugar a tradicional cea de confraternidade no Local Social de Cira. O menú constará de empanada, polbo, churrasco, postre e café. As entradas poderán retirarse na taberna González ou a través dos membros da Comisión. O prezo é de 18 euros. O baile estará amenizado polo Dúo Punto Zero.

A cita está organizada pola Comisión de Festexos de Cira e a Concellería de Cultura, que dirixe Manuel Cuiña, e que lembra que a Semana Cultural de Cira foi pioneira no rural de Silleda. A día de hoxe esta iniciativa é a máis veterana, con preto de 40 anos de traxectoria.

19 de novembro de 2014 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.