Bernardo de ‘The refrescos’ substituirá a Teo Cardalda no Festival contra o Cancro en Silleda
O artista galego Teo Cardalda, de ‘Cómplices’, viuse obrigado a cancelar a súa actuación programado para este sábado, segundo o comunicado que enviou á organización, no que pide desculpas pola súa “non asistencia” por motivos familiares graves que lle imposibilitaron estar neste concerto, o que obrigou a anular a súa actuación programada para a noite do sábado en Silleda.
Será Bernardo Vázquez, líder de ‘The Refrescos’ (grupo que actualmente se atopa de xira co seu último álbum publicado este ano ‘Sal y Sol’), o encargado de actuar no seu lugar, cantando temas tan míticos como o seu ‘Aquí no hay playa’, ‘Todo Nada’, ‘Maripili’ e grandes éxitos que farán da súa actuación unha gran festa.
NOVIDADES
Como novidades no Festival contra o Cancro, que se celebrará este sábado 8 de novembro no recinto Feira Internacional de Galicia, en Silleda, cabe destacar a mellora das instalacións e acústica para que o son do concerto sexa óptimo e que o público poida gozar dun gran concerto en todos os seus aspectos. O Festival desenvolverase en dous pavillóns: pavillón 1 concertos e pavillón 2 actividades lúdicas de Turnativa.
Destacar tamén as liñas de autobuses postas a disposición do público, previa reserva, para que poidan chegar ao recinto desde varios puntos de Galicia, sen necesidade de coller o seu vehículo. As rutas e formulario para a reserva atópanse na web do festival, www.festivalesensilleda.com.
VENDA DE ENTRADAS
O Festival contra o Cancro continúa a súa venda de entradas anticipadas.
Así, cun prezo de 10€, as entradas online estarán dispoñibles en www.festivalesensilleda.com , entradas Abanca e a rede Ticketmaster. En canto aos puntos físicos de venda, poden adquirirse, co mesmo prezo, no Corte Inglés (centros de Galicia), Halcón Viaxes, FNAC, ABANCA (recollida de entradas), Carrefour e Oficinas da Fundación Semana Verde. Ademais, poden comprarse nos Concellos de Silleda, A Estrada, Forcarei, Vila de Cruces, Agolada, Rodeiro, Dozón, Cerdedo e no Lalín Area.
Por outra banda, a compra en despacho de billetes das entradas poderase realizar o día do Festival a partir das 19.00 horas no pavillón 1 da Feira Internacional de Galicia.
FESTIVAL CONTRA O CANCRO
A Fundación Semana Verde de Galicia, en colaboración coa AECC organiza este festival, para apoiar o labor da asociación. Con este fin, o 10% dos beneficios do Festival estará destinado á AECC.
Nesta iniciativa contan con gran importancia os patrocinadores do Festival, os cales son a Dirección Xeral de Xuventude, Nudesa, Airas Cátering, Grupo Antolín, Staroil, Agapel, El Corte Inglés e o Concello de Silleda, e tamén está a ser fundamental a colaboración de todos os Concellos que participan na venda de entradas.











