As xornadas micolóxicas do Porriño enchen o auditorio do Centro Cultural Municipal
Onte deron comezo as II Xornadas Micolóxicas que o Concello do Porriño organiza para todos os interesados no mundo da micoloxía, a través da concellaría de Sanidade e Medio Ambiente que dirixe María José Martínez. Así, o Centro Cultural Municipal acolleu onte mércores, a primeira das charlas a cargo da profesora titular do Laboratorio de Micoloxía da Universidade de Vigo, Marisa Castro, coa que puidemos coñecer datos moi interesantes en sesión unha iniciación ao mundo dos cogomelos.
O cambio climático está aumentando o número de especies en Galicia e afortunadamente, tras a solicitude dos micólogos, a Xunta de Galicia elaborou o Decreto 50/2014 do 10 de abril, que regula entre outros aspectos a recollida no ámbito micolóxico. Respecto desta nova lexislación Marisa Castro afirma que “se seguísemos como estabamos, acabariamos cos cogomelos en Galicia”, por iso é necesario realizar unha chamada de atención achega do coidado do monte,“Só se pode amar e defender aquilo que se coñece. Non podemos arrasar o monte”. Ademais hai que ter en conta que a lei protexe ao dono dos terreos ou cotos.
A relatora explicou aos presentes as fases polas que pasa un paciente intoxicado por inxesta de cogomelos,unha primeira fase de incubación ou latencia, unha fase coleriforme de 4 a 6 horas tras a inxesta seguida dunha falsa melloría que adoita darse pasadas as 24 horas. Tras esta, a partir das 48 horas dá comezo a agresión visceral. “en Galicia hoxe en día é practicamente imposible morrer por inxesta de cogomelos tóxicos se se acode inmediatamente ao médico, en todos os centros de saúde e hospitais existe un protocolo de actuación perfectamente definido”, explicou Marisa Castro, “de resultar intoxicados, é importante achegar datos ao persoal médico como a forma de cociñar o exemplar, indicar onde se recolleu ou a hora da inxesta e dos primeiros síntomas.”
Neste primeiro achegamento ao mundo da micoloxía os participantes recibiron unha serie de recomendacións para recollida: non recoller exemplares pequenos, non consumir se non temos identificado o exemplar, non mesturar nunca na mesma cesta exemplares tóxicos e comestibles e non usar “falsas regras”provintes de devanditos de tradicionais e sabedoría popular.
Hoxe, ás 20.30 h, o Centro Cultural seráel escenario para o especialista e secretario da Federación Galega de Micoloxía, JoséLuís Tomei, que nos porá ao día cun interesante relatorio sobre as propiedades culinarias dos cogomelos. Mañá será a quenda de Puri Lorenzo que nos falará sobre “Boletus e xéneros afíns” e o sábado realizarase unha saída de colleita de estudo para expor o domingo no Círculo Recreativo Cultural.











