Abrapalabra representará “Memorias dun neno labrego” en Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioRiveira
A-
A+

A Mostra de Teatro de Riveira alcanza mañá a súa terceira función coa participación de Abrapalabra, que escenificará no Auditorio unha adaptación da célebre novela “Memorias dun neno labrego”, de Xosé Neira Vilas.

O de mañá será un espectáculo no que diversión e emotividade van da man grazas ao saber facer do coñecido home de teatro Cándido Pazó.

Como sempre, a representación dará comezo ás 21.30 horas, puidenso recollerse as entradas media hora antes. A actividade é libre e gratuíta.

6 de novembro de 2014 | 20:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.