A Policía Local do Porriño detén ás tres autoras dun furto nunha céntrica perfumaría

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO PorriñoSucesos
A-
A+

A Policía Local do Porriño detivo onte a tres mulleres de nacionalidade ecuatoriana, como presuntas autoras dun furto nunha céntrica perfumaría da nosa localidade.

Os feitos ocorrían onte venres, 28 de novembro, cando ás 10:36 horas a Policía Local recibe unha chamada informando de que no interior este establecemento comercial atópanse tres mulleres que foron recoñecidas pola dependenta do local como autoras dun anterior furto.

Persoados os axentes no establecemento, a dependenta manifesta de forma inmediata que as outras tres mulleres están a roubarlle colonias e que as recoñece por un roubo anterior. 

Tras serlles requirida a documentación son trasladadas a dependencias policiais, onde se puido comprobar que os bolsos que estas portaban tiñan o seu interior forrado de aluminio e cinta americana, a fin de esquivar os sensores de alarma que se atopan no acceso ao establecemento. O valor medio subtraído ascende a uns 2.500 euros.

Por todo isto, a Policía Local do Porriño procedeu á detención destas como presuntas autoras dun Delito contra o patrimonio e a orde socioeconómica, polo que foron postas a disposición xudicial celebrándose esta mesma mañá un  xuízo rápido no Xulgado nº 1 do Porriño, sendo declaradas culpables dos cargos que se lle imputaban. Así mesmo, a Garda Civil abriu unha investigación a fin de esclarecer se estas persoas estaban involucradas noutros delitos cometidos anteriormente.

29 de novembro de 2014 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.