publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación de Pontevedra inviste 150.000 euros en obras de saneamento en Pazos de Borbén

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de BorbénPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra investirá 149.428,47 € na extensión do saneamento no concello de Pazos de Borbén. Así o acordou a Xunta de Goberno da Administración provincial, que aprobou a concesión dunha subvención por este importe ó Concello, no marco do Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais.

Esa achega permitiralle ó Concello contratar e pagar os traballos de dotación dunha rede de colectores, cos correspondentes pozos de rexistro, ó lugar de Carballiño, na parroquia de Amoedo.

A nova rede está pensada para dar servizo a unha poboación de 163 habitantes e enmárcase nos traballos que o Concello está a realizar para mellorar o saneamento nesta parroquia, para o cal realizou un estudo que prevé actuacións nos lugares de Masusán e arredores, en Carballiño e no lugar de Igrexa.

1 de novembro de 2014 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.