A asociación de veciños San Salvador de Torneiros celebra o seu tradicional magosto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+

A Directiva da AVV San Salvador de Torneiros, dentro das actividades culturais e de lecer que ofrecen aos veciños, infórmanos de que o vindeiro domingo 16 de novembro, a partir dás 18.00 h,” terá lugar no noso recinto social o tradicional Magosto que todos os anos realizamos”.

Haberá castañas gratis para todos os asistentes, a festa estará amenizada pola escola de gaitas e percusión “Agarimo”, de Torneiros.  Ademais, por só 1 €, os adultos  terán viño novo durante toda a actividade.

Desde a AVV San Salvador de Torneiros queren transmitir unha mensaxe, “estades todos convidados a asistir e pasar un bo intre de diversión en familia”; así que xa sabedes, espéranvos este domingo nas súas instalacións a partir das 18.00 h.

12 de novembro de 2014 | 11:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.