Xornadas de motivación emprendedora en Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira informa de que nos vindeiros días 29 e 30 de outubro terán lugar unhas Xornadas de Motivación Emprendedora coorganizadas polo Concello e a Deputación da Coruña, coa colaboración do Igape e a Xunta de Galicia.

Esta acción formativa terá lugar no Auditorio Municipal, en horario de 9.30 a 14 horas. Os interesados poden inscribirse gratuítamente no Servizo de Información, Orientación e Prospección de Emprego, situado na Casa da Xuventude (teléfono 981 835 289 / email: orientacionriveira@riveira.com).

O programa da xornada é o seguinte:

Día 29:

10:00 – 10:45 Motivación e Creatividade para Emprender: Fernando González Truque- Director UPD Deputación

10:45 – 11:30 Emprende: Da túa idea á túa empresa: Rodolfo Diehl- Aedl Diputación

11:30 – 12:00 PAUSA CAFÉ

12:00 – 12:45 Factoría de Innovación: Representante da Factoría de Innovación

12:45 – 13:30 Emprendedores

Día 30:

10:00 – 10:45 Conceptos e Recursos básicos para Emprender: Germán Casal Rodríguez- UPD Deputación

10:45 -11:30 Deseño de Marca, Imaxen e Innovación: Marcos López Mallo-UPD Deputación

11:30 – 12:00 PAUSA CAFÉ

12:00 – 12:45 Rede Eusumo: Apoio e incentivos para Impulso do Cooperativismo e a Economía Social: Alexandre Pereira

12:45 – 13:30 Emprender e a Lei do Emprendedor: Representante do IGAPE

13:30 – 14:00 Clausura

Por outra parte, cómpre informar da ampliación ata o día 31 de outubro do período de inscrición no Programa de Reorientación Laboral ao Ámbito Comercial, que inclúe parte teórica e prácticas remuneradas.

22 de outubro de 2014 | 19:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.