Un total de vinte equipos participaron na final da Liga Galega de Baloncesto para persoas con discapacidade intelectual no Porriño

Equipo de Aspanaex
O pavillón municipal do Porriño acolleu esta mañá a terceira e última xornada a liga Galega de Baloncesto, organizada pola Federación Galega de Deportes para Discapacitados Intelectuais (FEGADDI) en colaboración co Concello do Porriño, unha competición na cal, por encima dos resultados e a competitividade, o deporte cobra todo o seu sentido.
Un total de vinte equipos, competiron polo ouro en catro categorías, Competición masculina, Competición feminina, Adaptada masculina e Adaptada mixta.
Así, no polideportivo de Porriño déronse cita deportistas pertencentes a entidades de Ferrol, Villagarcía, Monforte de Lemos, A Garda, Pontevedra, Vigo, Mos e Redondela. Aspanaex, Asdan, San Rafael, San Xerome, Saladino Cortizo, Os Helenos, Escravas, Xoán XXIII, Prioriño, Saiar e Méndez Nuñez foron as asociacións participantes. Por suposto, non faltou á cita a asociación ACEESCA do Porriño, que competiu na categoría Adaptada Mixta.
Os partidos desta xornada, a terceira e última desta competición, comezaron a disputarse ás doce da mañá no polideportivo número uno e número dous 10:15 horas e continuaron até as 14:00 horas, momento no cal o concelleiro de Deportes, M. Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Benestar Social, Teresa Veloso, procederon a entregar os trofeos aos gañadores das diferentes categorías.











