publicidade hoxe

Un operario resultou ferido ao envorcar o camión co realizaba obras de ampliación da estrada en Riotorto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiotortoSucesos
A-
A+
Europa Press

Un traballador resultou ferido este mércores tras envorcar o camión co que traballaba na localidade luguesa de Riotorto, segundo informa o 112.

En concreto, o accidente produciuse na estrada entre Meira e Pontenova, nun lugar no que se estaban a realizar tarefas de ampliación da vía. O vehículo transportaba terra no momento do sinistro.

O centro de atención ás emerxencias recibiu unha chamada de Urxencias Médicas ás 18,28 horas e informou os bombeiros de Barreiros, ao GES da Pontenova, á Garda Civil e á Garda Civil de Tráfico de Lugo.

29 de outubro de 2014 | 21:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.