Permanece aberto o prazo para participar no mercadillo de segunda man no Porriño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+

O Concello do Porriño, a través da concellaría de Prazas e Mercados que dirixe María José Martínez, prepara a celebración, unha vez ao mes, dun mercado de oportunidades onde se poderán vender obxectos usados a prezos alcanzables. Artigos de segunda man como roupa, artigos de decoración, artesanía ou quincalla, terán cabida nesta feira que pretende achegar aos consumidor obxectos a reutilizar en bo estado e a bo prezo.

Aínda que inicialmente esta nova iniciativa do Concello, dirixida principalmente a persoas do noso municipio, celebraríase un martes de cada mes para facelo coincidir co día de mercado local a fin de dinamizar e promocionar a feira da nosa vila; finalmente atendendo á petición dos interesados en participar, celebrarase os sábados.

As persoas interesadas en participar ou que desexen recibir máis información, deben dirixirse á concellaría de Prazas e Mercados do Concello do Porriño, en horario de 9.00 a 14.00 horas

20 de outubro de 2014 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.