Pablo Carbonell participa na presentación do Festival contra o Cancro que acollerá a FIG

Presentación do Festival contra o Cancro
O Festival contra o Cancro, o cal se celebrará o día 8 de novembro no recinto Feira Internacional de Galicia, foi presentado esta mañá no Salón de Ámbito Cultural do Centro Comercial Compostela (Hipercor – El Corte Inglés), coa presenza de:
– Pablo Carbonell (Artista do cartel)
– Ricardo Durán (Director Xeral da Fundación Semana Verde de Galicia – Feira Internacional de Galicia)
– María José Crespo (Presidenta da AECC en Pontevedra)
– Olga Baltasar (Presidenta da Xunta Comarcal do Deza da AECC)
– José Manuel Blanco (Director de Comunicación e Relacións Externas do Corte Inglés Galicia)
Durante a presentación do Festival Ricardo Durán, ademais de agradecer o seu apoio a El Corte Inglés por ceder as súas instalacións para a presentación, a todos os patrocinadores e a Pablo Carbonell pola súa asistencia, detallou as actividades que terán lugar durante toda a xornada do 8 de novembro e tamén destacou o cartel do Festival, sobre o cal subliñou que os seus artistas suman 30 números un ao longo da súa vida musical e máis 10 millóns de discos vendidos.
Pola súa banda, José Manuel Blanco agradeceu que a Fundación Semana Verde pensase neles para transmitir este festival, mentres desde a AECC Olga Baltasar e María José Crespo expresaron a súa gratitude a todas as persoas e entidades implicadas, ademais de explicar as actividades que a asociación realiza na provincia de Pontevedra. Pablo Carbonell, que pechou as intervencións, expresou o seu “orgullo” por participar nun festival que non soamente recada fondos senón que tamén serve para lembrar a todos esta enfermidade, dada a importancia de “sacar o cancro á rúa”.
Este evento, en apoio á Asociación Española contra o Cancro (AECC) e a súa I Comida Solidaria no Deza contará con actividades desde a mañá do sábado ata altas horas da madrugada, co fin de apoiar o seu labor e atraer ao maior número de asistentes para esta gala benéfica, organizada pola Fundación Semana Verde de Galicia.











