Os usuarios dos centros de recursos de Medelo e Valadares celebrarán o Samaín con 75 persoas con discapacidade
As persoas usuarias do centro de recursos Valadares da asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (ADISBISMUR) desprázanse ata o centro de recursos de Medelo, en Silleda, para pasar unha xornada de convivencia.
Sobre as 10:30 horas está prevista a chegada do grupo que se vai atopar cunhas instalacións totalmente caracterizadas para conmemorar o Samaín. Para esta xornada, seguindo coa temática, vai haber preparado un obradoiro de maquillaxe e caracterización, vai haber tamén un obradoiro de baldeirado e preparación de cabazas e, de seguido, haberá castañas asadas para todas e todos.
Entre persoas usuarias e profesionais dos dous centros de recursos, que forman parte de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade), vanse xuntar preto de 75 persoas, unha oportunidade para afianzar relacións de amizade, de socialización e de compartir unha xornada distendida e de lecer.











