Intensa posta a punto dos cemiterios de Riveira cara o Día de Defuntos
Os dous cemiterios de carácter municipal existentes no concello (Santa Uxía e Palmeira) están a vivir estes días unha intensa posta a punto de cara á celebración este sábado do Día de Defuntos.
Así, polo que respecta ao camposanto enclavado na cidade, cómpre dicir que operarios están a traballar nestes momentos na pavimentación de dous sectores do recinto. Tamén se está a mellorar a recollida de pluviais.
Por outra parte, este cemiterio foi obxecto dunha profunda limpeza tanto no seu interior como no exterior (labores de desbroce de maleza) e máis está sendo pintado nalgúns tramos.
Parello a isto, cómpre informar de que con carácter transitorio mañá se vai proceder á pavimentar con zahorra o camiño que une o lugar con Fafián. Hai que recordar que, nos vindeiros días, a empresa Canarga retomará esta obra de pavimentación e renovación de servizos (paralizouse en primavera pola defunción do propietario único da entidade adxudicataria), pero o Concello decidiu abrir a vía temporalmente para gañar así en fluidez do tráfico rodado nunha xornada en que se espera unha gran afluencia de visitas.
Palmeira
Polo que se refire ao cemiterio de Palmeira, estivéronse a canalizar as augas pluviais na zona de máis recente construción (e tamén se estiveron arranxando gretas en paredes exteriores dos nichos.
O recinto tamén foi obxecto de labores de limpeza, tanto interior como exterior.











