publicidade hoxe

Instaláronse cinco caldeiras de biomasa nos xulgados de Becerreá, Chantada, Pobra de Trives, Ribeira e Tui

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra de TrivesBecerreáChantadaLocal PortadaRiveiraTui
A-
A+

A iniciativa conta cun investimento de case 200.000 euros e permitirá a estas cinco sedes xudiciais xerar un aforro estimado en gasoil de máis de 20.000 euros ao ano. As caldeiras de Becerreá, Chantada e Pobra de Trives instaláronse o pasado venres, 17 de outubro, e está previsto que este martes recepcionense as obras dos xulgados de Ribeira e Tui.

A Consellería de Presidencia é a responsable do mantemento das infraestruturas xudiciais e dos complexos administrativos. No exercicio desta competencia promocionase a substitución daqueles equipamentos térmicos que empregan combustibles fósiles ineficientes e altamente contaminantes por novas fontes de enerxía.

Neste sentido, a actuación enmárcase dentro da Estratexia Integral de Impulso da Biomasa 2014-2020, que está desenvolver o Goberno galego a través do Inega de cara a incentivar o consumo práctico deste combustible con fins térmicos. Deste xeito, perséguese xerar unha verdadeira industria con capacidade para fixar emprego no rural e que abrangue a toda a cadea de valor do produto, desde que sae do monte ata os diferentes puntos de subministro.

Múltiples beneficiarios

Coa activación da Estratexia triplicarase o consumo de biomasa en Galicia ata o ano 2020. Así, so a través do programa de apoios deste ano, encamiñado a impulsar a implantación de novos caldeiras, implantaranse preto de 1.000 equipos en concellos, administración pública, familias e industria, obtendo importantes aforros económicos cun maior compromiso medio ambiental.

Non en van, a posta en marcha dunha caldeira de biomasa permite aforros económicos de ata un 65 por cento con respecto a unha de gasóleo, e dun 45 por cento con relación ao gas natural. Así, un equipo de biomasa diminúe en preto de 1.000 euros o gasto en combustible nunha economía familiar con respecto ao gasóleo, cifra que ascendería a case 13.000 euros no caso dun edificio do sector servizos que instale unha caldeira con capacidade de abastecer a súa demanda térmica, e a 130.000 euros nunha industria.

Co desenvolvemento desta estratexia, Galicia está a activar unha industria asociada á valorización enerxética da biomasa reducindo a dependencia enerxética dos derivados do petróleo, e aspirando a acadar un aforro económico anual de 70 millóns de euros. Neste contexto, e de cara a acadar a maior repercusión posible, impulsaranse iniciativas de sensibilización e difusión de coñecementos técnicos e boas prácticas entre os consumidores e outros axentes.

19 de outubro de 2014 | 11:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.