Finaliza a construción do pavillón polideportivo de Palmeira

Polideportivo de Palmeira
O novo e funcional edificio en cor branca, cuxos labores de finalización foron realizados pola empresa Acciona Infraestructuras (está pendente a entrega da obra), conta cunha superficie total de 2.457 metros cadrados distribuídos en dúas plantas: unha planta baixa de 557 metros e outra semisoto de 1.900.
Alcalde Torres Colomer
Está previsto que en breve se proceda coa urbanización do entorno dun inmoble que, como é sabido, levará o nome de Alcalde Torres Colomer.
A planta de acceso conta con dúas entradas, gradas, unha aula polivalente e unha oficina de información; mentres o andar semisoto disporá dunha pista deportiva, catro vestiarios (dous para monitores e dous para minusválidos), aseos xerais e de minusválidos, tres almacéns, dous cuartos de instalación, enfermaría, ximnasio-fitness, cuartos de limpeza e aula polivalente.
Ademais dunha función deportiva, o edificio terá ademais unha orientación multiusos, permitindo a posibilidade de albergar outras actividades de alta concorrencia, como proxeccións de películas, concertos, representacións teatrais, etc. Ten unha capacidade máxima de 1.195 ocupantes.
A Deputación da Coruña contribuíu ao financiamento da infraestrutura cunha achega económica de 240.000 euros. Cabe lembrar que o prezo de adxudicación para a o remate do inmoble ascendeu a algo máis de 800.000 euros. Está situado en Horta do Barcelo.











