publicidade hoxe

Comezan as obras de reforzo de firme na estrada Rozas-Abadín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbadínLugo
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), ven de poñer en marcha esta semana as obras de rehabilitación do firme na estrada Rozas-Abadín (LU-113).

Actuarase en tres treitos diferenciados que suman unha lonxitude de case 15 quilómetros desta estrada autonómica: Rozas-Castro (p.q. 0+000 ao 4+500); Xustás-Castro (p.q. 10+000 ao 16+800); e Arneiro-Moncelos (p.q. 19+500 ao 22+800).

Este proxecto adxudicouse ao Grupo Bascuas 2008 S.L por un importe de preto de 490.000 euros. O obxecto principal destes traballos é mellorar o estado do firme existente con solucións localizadas definidas en función das necesidades de cada tramo.

O proxecto contempla a execución de fresados que eliminen completamente a capa de rodadura, a extensión dun rego de adherencia con emulsión asfáltica e finalmente a colocación dunha capa de firme de formigón bituminoso. Para a materialización dos traballos será necesario fresar máis de 200.000 m2 de estrada e estender case 4.800 toneladas de formigón asfáltico.

Os tramos nos que se actuará presentan na actualidade deformacións superficiais, que serán reparadas. Para isto, procederase á eliminación parcial (fresado) do firme e á súa posterior reposición. Os traballos rematarán co reperfilado de beiravías, repintado da estrada, substitución das sinais verticais que resulten necesarias e colocación dalgún tramo de barreira de seguridade.

A poboación beneficiada ascende a case 13.000 veciños dos concellos de Castro de Rei, Cospeito e Abadín, unidos mediante esta vía, así como aos numerosos usuarios que empregan esta estrada para os seus desprazamentos pola Terra Chá.

23 de outubro de 2014 | 13:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.