Banco Mediolanum inaugura o seu novo Centro de Consultores no Porriño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+

Banco Mediolanum, o banco especializado na xestión do aforro e os servizos bancarios das familias, inaugurou esta mañá no Porriño un novo Centro de Consultores. Trátase dunha oficina situada na Praza do Concello (R/Ramón González, 13) e na que traballarán cinco Consultores de Banca Persoal, que ofrecerán servizo aos máis de 1.500 clientes cos que a entidade conta na zona. Coa apertura deste novo espazo, que dará servizo á área xeográfica do Porriño, Mos, Salceda, Salvaterra e Tui; Banco Mediolanum amplía a súa rede de Centros en Galicia, sumando un total de oito, dos cales tres se puxeron en funcionamento durante este ano.

Deste xeito, a entidade, presente xa en Pontevedra, Vigo, Bueu, A Guarda, A Coruña, Boiro e Ourense; dá un paso máis na súa filosofía de ofrecer aos seus clientes un trato próximo e personalizado, adaptado ás súas necesidades e ás das súas familias. Para Carlos Tusquets, presidente de Banco Mediolanum, “coa apertura deste novo Centro de Consultores no Porriño estamos a dar resposta á forte demanda de asesoramento financeiro que existe. A banca está a cambiar e cambiará moito, e os aforradores buscan entidades que ofrezan un asesoramento persoal próximo e realmente axustado ás súas necesidades. Iso é o que nós ofrecemos desde fai máis de 30 anos e ese é o motivo de que cada vez máis aforradores confíen en nós”.

Banco Mediolanum en Galicia

Nos nove primeiros meses do ano 2014, Banco Mediolanum mantivo un forte ritmo de crecemento en Galicia, alcanzando os 195 millóns de euros. Esta cifra supón un incremento do 37% respecto ao mesmo período do ano anterior e reflicte a crecente confianza dos clientes na entidade. Ademais ata setembro, os datos tamén mostran un crecemento do 18% do número de clientes que confiaron na entidade, ata alcanzar un total de 8.044durante este ano. Tamén aumentou en máis dun 14% o número de Consultores de Banca Persoal da entidade en Galicia, chegando aos 67 profesionais.

BANCO MEDIOLANUM

Banco Mediolanum (www.bancomediolanum.es) é a entidade española do Grupo Mediolanum, grupo bancario europeo que está presente, ademais de en España, en Italia e Alemaña, países onde desenvolve a súa actividade de asesoramento financeiro persoal e servizos financeiros a través da súa rede de Consultores de Banca Persoal. O Grupo Mediolanum conta en Europa con máis de 1.158.000 clientes asesorados por unha rede de máis de 5.150 Consultores de Banca Persoal e cuns recursos totais de clientes de 61.283 millóns de euros.

28 de outubro de 2014 | 19:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.