A Xunta de Goberno adxudica a instalación dunha rede de saneamento nun camiño de Lixó

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

A xunta de goberno local do Concello de Riveira aprobou no día de hoxe unha nova actuación consistente na instalación dunha rede de saneamento nun camiño en Lixó, na parroquia de Oleiros.

O importe da actuación ascendeu a 10.138,99 euros e o prazo de execución é dun mes. A empresa adxudicataria resultou ser Río Sieira, S.L.

En virtude desta obra, o camiño en cuestión será obxecto da colocación dunha tubaxe de PVC de 315 milímetros de diámetro, ademais de seren instalados pozos de rexistro.

30 de outubro de 2014 | 19:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.