A comisión de festas de Budiño organiza unha andaina

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+

O Recreativo Mosteiro e Comisión de festas de Budiño San Blas 2015, organiza o vindeiro domingo, día 5 de outubro, unha “andaina” de 18 quilómetros de percorrido, con saída ás 9:00 horas desde o Recreativo Mosteiro.

Até o vindeiro sábado está aberta a inscrición para todos aqueles que desexen participar, a un prezo de 5 euros con avituallamento. Ademais, unha vez finalizada a “andaina” poderase degustar un menú que inclúe cordeiro, xamón asado, pan, viño, sobremesa e café; neste caso, o custo da inscrición será de 15 euros.

Os interesados en participar poden reservar praza chamando aos teléfonos 609 745 749 ou 638 049 277.

1 de outubro de 2014 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.