publicidade hoxe

Xunqueiras celebra as súas festas en honra ás virxes do Rosario e o Doce Nome de María

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+

A parroquia de Xunqueira, en Pazos de Borbén, celebra este fin de semana as súas festas en honra ás virxes do Rosario e o Doce Nome de María.

Os festexos comezarán o venres, ás 12:00 horas, coa clásica procesión do encontro entre os santos de Xunqueiras e as imaxes chegadas desde Moscoso na Cruz de Paz.A continuación terá lugar a misa solemne con procesión, este ano acompañada pola Banda de Música Cultural de Mondariz. As orquestras Sintonía de Vigo e Paraíso serán as encargadas de amenizar a verbena nocturna.

O sábado a Banda de Música de Vértula levará o espírito festivo por toda a parroquia cos seus tradicional pasarrúas. Ás 12:30 a capela parroquial acollerá unha misa solemne con posterior procesión acompañada pola citada banda de música. Xa pola noite, as orquestras Pontevedra e Amerikan Pop porán o broche final ás festas.

4 de setembro de 2014 | 12:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.