XI Dirt Track Xacob Agra no velódromo municipal do Porriño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+

O triangular de Dirt Track 2014 chega a sua cita definitiva coa proba que se vai a celebrar no Velódromo de O Porriño. Con esta xa van once edicións do dirt track, que vai camiño de convertirse nunha proba mitica dentro do calendario motociclista galego.

O moto clube Papaya organiza o 13 de setembro a partir das 21:30 a terceira proba do certamen que arrancou en Carballo o 9 de agosto (A Coruña) con vitoria de Juan Puga. A segunda cita tería lugar en Taboexa (As Neves – Po) a cargo do M.C. Barrena2, nesta ocasión o vencedor foi Xacob Agra, ausente na primeira proba. Outro dos animadores do triangular e o moañés Dani Rivas, segundo da provisional a falta da carreira porriñesa.

Un dos atractivos mais grandes do evento é ao disputarse de noite, con todolos focos postos no centro do velódromo.

O Dirt Track é unha proba de velocidade que se disputa nun óvalo de terra, a sua espectacularidade radica en mangas cortas, saídas trepidantes e derrapadas infinitas. Cada vez son mais os pilotos de velocidade.

12 de setembro de 2014 | 10:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.